WFAS en Conxemar

Produtos que viaxan do mar á mesa con todas as garantías… e con toda a verdade

WFAS en Conxemar

Produtos que viaxan do mar á mesa con todas as garantías… e con toda a verdade

Non todo o peixe conxelado é igual.

E aí comeza a historia de WFAS (Wild & Frozen at Sea with Responsible Fishing): un selo que identifica peixe salvaxe capturado e ultraconxelado a bordo, no propio barco mantendo a súa calidade desde o primeiro minuto.

Detrás está a Organización de Produtores de Buques Conxeladores de merlúcidos, cefalópodos e especies varias (OPPC-3), que impulsa este distintivo para poñer en valor unha forma de pescar que combina tecnoloxía, trazabilidade e respecto polo mar. Porque aquí non só importa o produto, senón tamén como se fai.

Cando empezamos a traballar neste proxecto, o reto era claro: contar todo o que hai detrás dun selo como WFAS sen parecer demasiado técnicos nin quedarnos no evidente.

Acompañamos á marca na súa participación en Conxemar, un dos encontros internacionais máis importantes do sector. Unha contorna chea de estímulos onde había que conseguir algo complicado: que a xente se parara, entendera e o lembrara.

A campaña desenvolveuse ao longo de tres anos, evolucionando en cada edición.

En 2023, organizamos un evento dentro do marco da feira para presentar o selo e comezar a xerar conversación arredor de WFAS.

En 2024 e 2025, demos un paso máis cun stand propio. Deseñamos unha experiencia pensada en informar e facer entender —de verdade— que significa a ultraconxelación a bordo e por que marca a diferenza.

Durante os días de feira, o stand converteuse nun punto de encontro para profesionais, empresas e visitantes. A través de degustacións de produtos certificados e un evento e presentación, puideron comprobar que isto non vai só de discurso: canto te integras na experiencia, enténdese mellor.

Encargámonos de dar forma a todo ese relato. O stand ao completo, a cartelería, os materiais informativos, o contido do espazo, as redes sociais e a xestión cos medios de comunicación foron algunhas das nosas tarefas que levamos a cabo para traducir un concepto técnico en algo claro, próximo e fácil de entender.

Porque cando hai unha historia potente detrás, o importante é que se entenda. E tanto a ultraconxelación a bordo como a pesca responsable teñen moito que dicir.

PROXECTOS relacionados

+ no álbum de Maruxa

Comparte

Comparte este contido con outras persoas.

En Maruxía somos respectuosos cos teus datos e a túa forma de navegar pola nosa web.
O álbum de Maruxa

Fomos coleccionando instantes, proxectos e emocións que nos fan sentir orgullo. Porque en cada recordo hai unha historia, e en cada historia, un anaquiño de Maruxía.