Pescada d& Burela polo mundo
Un produto versátil, de calidade e capaz de conquistar calquera padal.
- OPP Lugo
- Organización de productores pesqueros de Lugo
Sabemos que non precisamos presentar á pescada de pincho de Burela. É un produto que se cociña en calquera parte do planeta e encaixa en todo tipo de receitas, tanto tradicionais como vangardistas.
Precisamente por iso, a Organización de Produtores Pesqueiros de Burela (OPP-7) contou con nós para dar forma a Merluza d& Burela por el mundo, un proxecto pensado para demostrar ata onde pode chegar sen perder o que a fai única.
E xa vos adiantamos que, literalmente, fomos de paseo con ela.
Madrid, Barcelona e Valladolid foron as paradas dos eventos gastronómicos que celebramos para demostrar que a pescada de Burela pode viaxar polas cociñas de todo o mundo.
Organizamos un evento en cada cidade para que fose a protagonista absoluta. A través de showcookings, seis chefs galegos —Iñaki Bretal, Iván Domínguez, Miguel F. Vidal, Dani López, Javier Peña y Palmira Soler— reinterpretaron o produto con propostas que ían desde o máis tradicional ata preparacións con influencias internacionais e vangardistas. Receitas con chiscadelas a outras culturas, pero todas feitas desde aquí.
En cada prato podíase degustar unha forma distinta de contar o mesmo: a pescada de Burela non ten límites, pode adaptarse, evolucionar e sorprender, si, pero nunca deixa de ser o que é.
Tamén tiñamos claro que cada prato tiña que estar ben acompañado, así que contamos coa colaboración de Terras Gauda D.O. Rías Baixas para sumar o viño a esta experiencia culinaria.
Aos eventos asistiron xornalistas e influencers do ámbito gastronómico, que ademais de estar así, fixeron de altofalante. Entre o que pasaba nos fogóns e o que compartían en redes, a pescada de Burela chegou a moita máis xente da que estaba na sala.
Detrás de cada unha desas xornadas houbo moitísimo movemento; encargámonos da busca e xestión dos espazos, a coordinación cos chefs e a organización de cada evento de principio a fin. Tamén preparamos as invitacións, xestionamos a convocatoria de prensa e influencers e estivemos alí, acompañando cada momento para que todo saíse como tiña que ser.
Despois de viaxar e recorrer os sabores de todo o mundo, a pescada de Burela cumpriu o seu obxectivo. E nós tamén: demostrar que é un produto versátil, de calidad e capaz de conquistar calquera padal.