Comprometidos co noso mar
Tres cidades, unha mesma mensaxe: a pesca ilegal non é unha broma.
- Pesca España
- Asociación de Organizaciones de Productores PESCA ESPAÑA
A pesca ilegal ten consecuencias reais sobre o mar, sobre o sector pesqueiro e sobre as comunidades que dependen del. Consciente da necesidade de visibilizar as boas prácticas do sector e reforzar o seu compromiso na loita contra a pesca ilegal, Pesca España planteounos un desafío: comunicar esta mensaxe con proximidade, e de forma atractiva e participativa.
Puxémonos mans á obra e creamos Comprometidos co noso mar. A pesca ilegal non é unha broma, un concepto desenvolvido e adaptado a tres edicións —Ayamonte (2023), A Coruña (2024) e Vigo (2025)— cun mesmo obxectivo: achegar a pesca responsable á cidadanía da mesma forma que nos pedía Pesca España.
Desde o principio tivemos claro que non queríamos limitalo a unha xornada técnica ao uso. A idea era saír do formato ríxido e construir encontros abertos que conectasen coa xente. Para nós, a clave estaba nunha idea sinxela: a mensaxe importa, pero a forma de contalo o é todo. Por iso deseñamos cada edición como unha experiencia completa, combinando contido divulgativo, identidade visual, gastronomía, cultura e entretemento, sempre co mar e a pesca responsable como fío condutor.
A primeira parada foi Ayamonte, onde adaptamos o evento á cultura local. Tras as intervencións institucionais e do sector, levamos a mensaxe á escea de maneira moi directa e divertida: a chirigota Los Embusteros compuxo un pasodoble exclusivo para a ocasión, reivindicando o mar e denunciando a pesca ilegal con humor popular. A xornada tamén incluiu un catering con produtor do mar, que permitiu gozar da gastronomía local e reforzar a conexión co territorio.
En A Coruña, a segunda edición celebrouse na Praza de Lugo, un espazo urbano e aberto para que se nos vise ben. Aquí, o humorista e actor Pepo Suevos conduciu e presentou a xornada en clave humorística, achegando un tema serio cunha linguaxe próxima e accesible. A xornada combinou relatorios de representantes institucionais e do sector cunha degustación gratuita de produtos do mar, xerando un ambiente participativo e dinámico. Tamén se coidou a identidade visual e o material gráfico para reforzar a experiencia e o recordo do evento.
A terceira edición tivo lugar en Vigo, no marco do Festival ARVI do Peixe – Vigo SeaFest. Aquí, integrarnos dentro dun contexto festivo xa consolidado permitiunos aportar un plus: mesas redondas e a exposición de boas prácticas do sector, sumando música en vivo co grupo The Cuncas para manter ese ambiente próximo e festivo. A degustación de produtos do mar acompañou á xornada, reforzando a experiencia sensorial e o vínculo coa gastronomía local.
En todas as edicións encargámonos da planificación integral do evento: desde a creación da identidade visual, cartelería e material gráfico, ata a xestión de espazos, coordinación de ponentes, contratación de catering, animación musical e cultural, e coordinación xeral durante o desenvolvemento de cada xornada. Todo co obxectivo de que a mensaxe chegase de forma clara, memorable e próxima ao público.
Comprometidos co noso mar demostrou que a divulgación tamén pode ser participativa, cultural e entretida, e foi unha excusa perfecta para facer as cousas á nosa maneira. Cambiando o formato, coidando o contexto e poñendo ás persoas no centro. Tres cidades, tres formas de contar o mesmo e unha mensaxe clara: a pesca ilegal non é unha broma.