Atún de Pesca Responsable

Comunicar é importante, pero si se pode degustar, a mensaxe cala mellor.

Atún de Pesca Responsable

Comunicar é importante, pero si se pode degustar, a mensaxe cala mellor.

Falar de sostibilidade é fácil, o que é difícil é que iso inflúa no que mercamos, e xusto aí comeza este proxecto.

Entre 2022 e 2024 acompañamos á Organización de Productores Asociados de Grandes Atuneros Congeladores (OPAGAC) nunha campaña para dar visibilidade ao selo Atún de Pesca Responsable (APR). A idea era levar a mensaxe máis alá do discurso e levalo á experiencia.

E o primeiro que fixemos foi desprazarnos ao centro de Madrid.

En novembro de 2022 instalamos un autobús rotulado convertido nun espazo divulgativo e gastronómico, coa chef e influencer Celeste García de la Banda como embaixadora da acción. Máis de 1.000 persoas achegáronse para coñecer o selo, probar o produto e entender que hai detrás da pesca responsable. Repartimos preto de 900 tapas e pechamos a acción cun evento dirixido a marcas e comercializadores.

En 2023, levamos o selo APR a un dos principais encontros do sector: o Salón Gourmets. Alí organizamos a súa presentación dentro do stand de Alimentos de España. O chef Miguel F. Vidal levou o Atún de Pesca Responsable á alta cociña con elaboracións en directo, demostrando que detrás dun bo prato tamén hai boas decisións. E non só falamos sobre cociña: tamén puxemos o foco nos dereitos laborais na pesca.

Ese mesmo ano, APR tamén formou parte da exposición Un viaje extraordinario. El efecto espejo de los océanos en CentroCentro (Palacio de Cibeles), achegando o relato da pesca responsable a novos públicos dende unha mirada cultural e divulgativa.

E despois, fomos a buscar á xuventude.

Coa campaña Girando con APR, percorremos durante un mes os campus universitarios de Vigo, Salamanca e Bizkaia cunha dinámica pensada para informar a través do xogo. Unha ruleta, premios e unha escusa perfecta para achegar a mensaxe sen soltar o típico discurso. Máis de 1.000 estudantes participaron na acción e, conversando con eles, deixáronnos claro que o atún en conserva forma parte da súa dieta habitual e o interese pola súa orixe non deixa de crecer.

En 2024, APR chegou a Conxemar cun evento propio dentro da feira sobre o novo marco europeo de dilixencia debida e dereitos humanos na pesca, levando a mensaxe a un espazo clave para o sector e a distribución.

Ao longo de toda a campaña, encargámonos da planificación estratéxica, a organización das accións, a coordinación dos eventos e a xestión das redes sociais do selo, construíndo un relato coherente e acompañando cada acción de principio a fin.

Ao final, todo este traballo non era para contalo bonito (que tamén). Tratábase de entender todo o que hai detrás do selo e do produto, e de que iso importe á hora de elixir.

PROXECTOS relacionados

+ no álbum de Maruxa

Comparte

Comparte este contido con outras persoas.

En Maruxía somos respectuosos cos teus datos e a túa forma de navegar pola nosa web.
O álbum de Maruxa

Fomos coleccionando instantes, proxectos e emocións que nos fan sentir orgullo. Porque en cada recordo hai unha historia, e en cada historia, un anaquiño de Maruxía.